O Blog de Editorial Galaxia
Nov 11

Galaxia editará unha xoia histórica

Autor: administrador | | Categorías: Xeral |

Descuberto un manuscrito inédito en galego escrito durante os Séculos Escuros

Os profesores Camiño Noia e Bieito Arias serán os encargados da edición que, o vindeiro ano, a nosa editorial realizará do manuscrito de Pedro Otero, localizado na Biblioteca Nacional polo profesor Manuel Angel Candelas, e que leva por título ‘Ystoria dela Santa Yglesia de Iria Flavia y translacion ala compostelana’.
O documento ten un valor histórico incalculable, na medida en que son algo máis de cen folios, que hai que datar no primeiro terzo do século XVIII, escritos na nosa lingua en plenos Séculos Escuros (finais do século XV ata finais do XVIII) nos que a nosa lingua estaba perdendo posicións dunha maneira terrible despois da auxe que experimentara a nosa lírica en toda Europa. Dada a escaseza de textos en galego dese período histórico, o valor destes folios resulta claro e indiscutible.
Segundo os profesores que van realizar a edición, trátase dunha completa historia de Galicia e vai ser unha ferramenta de traballo esencial para filólogos e historiadores, moito máis, segundo destaca Noia, que a ‘Crónica de Santa María de Iria’, códice escrito por Rui Vásquez en 1468.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un x despois u despois pon a  U despois B agora Y a continuacion un X

A opinión de

    Luis Rei

    04/02/10

    Luis Rei
    Borrador do galego

    Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

    Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Tomás Ruibal

Sardinia Blues

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios