O Blog de Editorial Galaxia
Nov 27

Contos para ler e escoitar

Autor: administrador | | Tags: , , , | Categorías: Novidades |

Nacen os ‘Audiocontos Galaxia’

Os sete cabuxos, Branca de neve e os sete ananos, O galo Quirico e Os catro amigos son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección ‘Audiocontos’ que a vindeira semana chegará ás librerías de toda Galicia e que este domingo se presenta dentro do ‘Achegarte’ da Coruña, ás doce da mañá nunha sesión de animación á lectura a cargo dos actores de dobraxe e músicos Teresa Santamaría e Paco Barreiro.

Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo destas dúas coñecidas voces da dobraxe galega, baixo da dirección de Tero Rodríguez.

Estes primeiros audiocontos permitirán, sen dúbida, achegar as historias que coñecemos de toda a vida doutra maneira aos máis pequechos da casa. Non se tratan de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e ao mesmo tempo complementaria ao libro. Os efectos de son, as músicas escollidas e a interpretación, fan destes audiocontos un produto novidoso que ensaiamos agora en galego e do que estamos certos que terán unha boa acollida.
Ademais, os CDs ábrense e péchanse cunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo perfecto a unha das cousas máis marabillosas que hai: que alguén nos conte un conto.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un y agora Z agora un k o seguinte e un a agora un 4 despois f

A opinión de

    Luis Rei

    04/02/10

    Luis Rei
    Borrador do galego

    Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

    Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Tomás Ruibal

Sardinia Blues

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios