O Blog de Editorial Galaxia
Nov 27

Finou Xan Balboa

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral |

Desaparece un dos grandes da ilustración galega

Durante a mañá do venres tivemos coñecemento da triste nova do pasamento do ilustrador Xan Balboa. O seu nome pasará á historia como un dos grandes da ilustración galega e, por suposto, totalmente pegado ao Lamote, ese personaxe inesquencible creado por Paco Martín. Para milleiros e milleiros de lectores e de lectoras, é imposible imaxinar as historias de Ramón Lamote sen o colorido e a visión, festiva e xenial, que Xan Balboa soubo deitar sobre esa vida literariamente tan poderosa. Velaí o soño de calquera ilustrador. Velaí o soño, tamén, de calquera lector.

Dende a editorial Galaxia queremos transmitir a nosa condolencia á súa viúva e ao resto da súa familia, ao tempo que manifestamos o noso orgullo por ter podido traballar cun artista de tantísimo talento.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un T despois pon a  n o seguinte e un C a continuacion un t a continuacion un P despois pon a  4 a continuacion un 7

A opinión de

    Luis Rei

    04/02/10

    Luis Rei
    Borrador do galego

    Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle “cemiterio nuclear” e os seareiros “Almacén Temporal Centralizado”, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de “morra Marta, morra farta”.

    Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por “borrador do galego” as referencias andan polo medio millón… “Borrador do galego”: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai “maghas” co idioma. E a xente non se “borra” cun decreto.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Tomás Ruibal

Sardinia Blues

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios