O Blog de Editorial Galaxia
Dec 2

‘A esmorga’ sairá en inglés

Autor: administrador | | Tags: , , | Categorías: Xeral |

Da man de Galaxia e a Deputación de Ourense

Onte, coincidindo coa homenaxe que se lle realizou a Eduardo Blanco Amor en Ourense co gallo dos 30 anos do seu pasamento, organizado polo PEN Clube de Galicia, o director literario da nosa editorial, Carlos Lema, anunciou que proximamente sairá publicada A esmorga en inglés en tradución de Craig Patterson, profesor na Univesidade de Cardiff e gran coñecedor da nosa lingua e cultura. Como Carlos Lema explicou, esta obra é considerada por boa parte da crítica como a máis importante da novelística galega de todos os tempos, e despois das traducións ao castelán, asturiano, italiano ou francés (da que onte falabamos nesta mesma web), era xa tempo de vela tamén en inglés.

Todos os participantes na homenaxe de onte, o propio Lema, así como o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luis Baltar, a concelleira de cultura Isabel Pérez e Luis G. Tosar, presidente do PEN Clube de Galicia, coincidiron unanimemente á hora de sinalar a importancia da obra de Eduardo Blanco Amor e o seu profundo significado, tanto para a cidade das Burgas como para a historia da literatura galega e mundial.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un Y despois 7 o seguinte e un M agora un M a continuacion un 5 agora x

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios