O Blog de Editorial Galaxia
Dec 2

Lembrando a Rei Ballesteros

Autor: Román Raña | | Categorías: Artigos de autor |

Coñecín a Rei Ballesteros nas xornadas literarias de Mariñán. Nos seus beizos os vocábulos e o fume disipaban as horas. Pronunciaba os nomes dos escritores, pintores, filósofos, músicos… (algúns, coñecidos; outros, recónditos) con sabedoría exaltada. Parecía que, como o esqueleto que Castelao pintara n’ O ollo de vidro, levase unha biblioteca na cachola. Na súa boca ardían os cigarros e as conversas, as súas pupilas dilataban o entusiasmo. Non sabía conversar sen fervor. Vexo a súa voz, escoito os seus ollos. Cativaba a nosa atención aplicando aos argumentos a cirurxía da súa intelixencia e estalaba a rir cun riso pícaro que fosforescía na noite. Dicíao todo, como indicaba Horacio, con furor poético. A súa desorde entrañábel duraba horas e horas, contaxiosamente vividas. Sei que forman parte de min, dese lugar onde volto a estremecer. Inmensamente. Ao recordalo non podo fechar o corazón. Cantas cousas viven nel mollando a miña alma de lembranzas!

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un h agora B despois pon a  Z agora b agora Z o seguinte e un T agora L

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios