O Blog de Editorial Galaxia
Dec 10

‘Quíxenlle dar voz ás personaxes que están mudas en Homero’

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Revista de prensa |

A frase é de Begoña Caamaño, quen hoxe ocupa dúas páxinas no suplemento literario do Faro de Vigo, nunha interesantísima entrevista a cargo de Natalia Álvarez co gallo da publicación de Circe ou o pracer do azul.

Podes ler a conversa completa, en formato PDF aquí.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un p a continuacion un S despois pon a  x o seguinte e un Z despois a agora un J

A opinión de

    Manuel Portas

    07/09/10

    Manuel Portas
    Xerar xenreira

    Non é fácil comprender, se non é por inconfesábeis principios antigalegos de quen exerce o poder, que sexa a propia administración autonómica a que propicie para este principio de curso tal volume de crispación arredor dos usos lingüísticos no ensino. A relativa pax romana que se viviu até agora nos centros educativos, a pesar dos flagrantes incumprimentos lexislativos no uso do idioma propio, dá paso nesta nova etapa a un escenario de confrontación que para nada lle acae a esa normalidade que precisa o ámbito escolar e, moito menos, a que lle cómpre a unha das linguas, a nosa, que, en palabras dos textos legais, precisa de especial coidado e atención.

    Se ao que acontece no ensino lle sumamos as restricións nas políticas de promoción e edición do libro en galego, ou os recortes nas axudas aos medios de comunicación expresados no noso idioma, as cousas manteñen unha liña coherente: erosionar os ámbitos de expansión normalizadora é o obxectivo; xerar xenreira, o medio.

     

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Antonio Mandianes Lamas

A poesía necesaria

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios