O Blog de Editorial Galaxia
Dec 10

Manuel Pérez Rúa, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

Autor: administrador | | Tags: | Categorías: Premios |

Polo seu traballo ‘Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea’

(10 de decembro. 13.04 horas) Hai escasos minutos vén de darse a coñecer o fallo do xurado da VIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio nunha rolda de prensa na que participaron representantes de todas as entidades convocantes: Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia e Luís Díaz, delegado xeral en Galicia de Gas Natural-Unión Fenosa.
O gañador resultou ser Manuel Pérez Rúa (Moaña, 1956), ex traballador de Ascón, é sociólogo e técnico de cultura do Concello de Moaña. O autor ten publicados os libros ‘Moaña’ e, xunto con Daniel Romero, ‘Galicia S. L.’. Colabora habitualmente en estudos de cultura e territorio coas universidades de Vigo e Santiago.
O xurado valorou moi especialmente ‘a orixinalidade do tema e do seu enfoque. A idea de facer un ensaio a base de testemuños directos, o que se entende por historia oral, outórgalle ao texto unha importante dose de credibilidade. Tamén o tema dunha xeracíón que vive ao longo da súa vida cambios tan importante como o paso da ditadura do franquismo á democracia e a modernización da sociedade galega’.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un s a continuacion un 7 despois 1 o seguinte e un x agora c

A opinión de

    Tino Santiago

    30/07/10

    Tino Santiago
    Onde chega a TV

    Onde chega a TV as cousas non volven ser como antes. Por exemplo, a natalidade diminúe, o que é unha condición indispensable para o desenvolvemento. Un Ministro de Familia da India asegurou que era o mellor método anticonceptivo porque : “cando acaben as series, estarán demasiado cansos para manter relacións sexuais”. O certo é que a natalidade baixaba pero non por esgotamento senón por imitación: as “heroínas” das series teñen poucos fillos, moitas estudan e mesmo mandan en empresas.
    As veces onde chega a TV medran as reivindicacións de igualdade entre mulleres e homes; foi o caso da serie turca Noor: a trama xiraba ao redor da historia dun matrimonio novo no que o home apoiaba as aspiracións profesionais da muller. Mesmo onde chega a TV, as veces, hai menos posibilidades de comezar unha guerra; en Irán o mellor aliado da paz con Israel foi “Un xiro de 0 graos” que contaba a historia dunha especie de Schindler, que lles daba pasaportes aos xudeus para poder escapar.
    A TV é un monstro con moitas caras, unhas abominables pero outras moitas axudan a cambiar o mundo… para ben.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Héitor Mera

Por que non aprendo?

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios