O Blog de Editorial Galaxia
Mar 11

‘Sempre en Galiza’ sempre

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Xeral |

Onte cumpríronse 66 anos da saída deste título esencial

Tal día coma onte, hai 66 anos, publicábase en Buenos Aires, a obra referencial do galeguismo, ‘Sempre en Galiza’ de Castelao. A pesar de que, debido ás circunstancias políticas, tivo que publicarse no exilio, e a pesar de que chegou á terra dun xeito clandestino, a obra de Castelao sempre estivo en Galicia e hoxe, sen dúbida, máis cá nunca.
Aínda que xa transcorreu ben de tempo, a obra do rianxeiro sigue de plena actualidade, tanto nas súas pasaxes máis coñecidas como nas menos estudadas. O grao de profundidade e a finura da súa análise abraian aínda hoxe polo certeiro dos seus planteamentos.
Daquela, e seguindo o mandado dese libro, insistimos en non esquecer quen somos e onde queremos ir, en que se somos galegos é por obra e graza do idioma, e que se queremos seguir no mundo, primeiro de todo, debemos estar sempre en Galiza.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un L o seguinte e un J a continuacion un H o seguinte e un B despois Z despois pon a  8

A opinión de

    Francisco Castro

    01/09/10

    Francisco Castro
    Dor

    Hai pouco, a actriz Naomi Watts explicaba que, como artista, precisaba sufrir, que era importante para ela o sufrimento, a dor, a toma de conciencia do tráxico que é todo para que a arte -no seu caso a interpretación- abrolle como é debido. Quizais así queda claro que o de actriz é, sen dúbida, un traballo dramático. A súa opinión concorda cun vello tópico, moi presente en xeral no mundo da arte pero moi en especial no da literatura, que mantén que a beleza (a fin de contas a arte é produción de beleza) só pode darse nun contexto atormentado. Así, poetas e escritores levan toda a vida explicando o desgazamento que tal verso ou tal estrutura novelesca provocou no seu aterecido espírito.

    A ver: escribir é duro. Eu érgome ás cinco da mañá case que todos os días para darlle á tecla. E no parque, coa miña cativa nas rendeeiras, escribo poemas nun caderno que levo sempre comigo. Pero duro, o que se di duro, é andar no Gran Sol, na cola do INEM ou erguéndose pola mañá cavilando en que facer para traer cartiños para casa.

    A pesar do das cinco da mañá, o exercicio da literatura é, para min, pracer, liberdade, posibilidade de vivir outros mundos, enerxía que me chega dende as personaxes e que fai, sen dúbida, que viva moitísimo mellor.

    Sinto non concordar con Naomi Watts. A verdade é que non me importaría nadiña discutir isto devagariño con ela.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Dolores Vilavedra

Cartas de vellos amigos. 1959-1998

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios