O Blog de Editorial Galaxia
Xull 8

Novo premio para Domingo Villar

Autor: administrador | | Tags: , | Categorías: Premios |

‘A praia dos afogados’, premio Brigada 21 de Novela Negra

O escritor galego Domingo Villar é o gañador do premio Brigada 21 de novela na categoría de novela en castelán pola súa obra ‘A praia dos afogados’. O fallo foi dado a coñecer onte pola asociación que o outorga, Brigada 21, e cuxo obxectivo é popularizar e difundir a novela negra.
‘A praia dos afogados’ é a segunda novela deste escritor vigués asentado en Madrid, na que Leo Caldas, un policía galego, é o protagonista que se move pola contorna de Vigo investigando a morte dun mariñeiro.
Seguen así os éxitos de Domingo Villar con esta novela que xa se pode ler, ademais de no orixinal galego e en castelán, en alemán, italiano, ruso ou búlgaro.

Deixa unha réplica

Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un Y despois pon a  K a continuacion un 8 despois pon a  W agora un F

A opinión de

    Francisco Castro

    01/09/10

    Francisco Castro
    Dor

    Hai pouco, a actriz Naomi Watts explicaba que, como artista, precisaba sufrir, que era importante para ela o sufrimento, a dor, a toma de conciencia do tráxico que é todo para que a arte -no seu caso a interpretación- abrolle como é debido. Quizais así queda claro que o de actriz é, sen dúbida, un traballo dramático. A súa opinión concorda cun vello tópico, moi presente en xeral no mundo da arte pero moi en especial no da literatura, que mantén que a beleza (a fin de contas a arte é produción de beleza) só pode darse nun contexto atormentado. Así, poetas e escritores levan toda a vida explicando o desgazamento que tal verso ou tal estrutura novelesca provocou no seu aterecido espírito.

    A ver: escribir é duro. Eu érgome ás cinco da mañá case que todos os días para darlle á tecla. E no parque, coa miña cativa nas rendeeiras, escribo poemas nun caderno que levo sempre comigo. Pero duro, o que se di duro, é andar no Gran Sol, na cola do INEM ou erguéndose pola mañá cavilando en que facer para traer cartiños para casa.

    A pesar do das cinco da mañá, o exercicio da literatura é, para min, pracer, liberdade, posibilidade de vivir outros mundos, enerxía que me chega dende as personaxes e que fai, sen dúbida, que viva moitísimo mellor.

    Sinto non concordar con Naomi Watts. A verdade é que non me importaría nadiña discutir isto devagariño con ela.

Os artigos de

Tamén podes ler

Revista de prensa

A recomendación de...

Dolores Vilavedra

Cartas de vellos amigos. 1959-1998

Arquivos

Temas


Útimos Posts


Últimos Comentarios